Agora vólvelle a muller a seu home que é profeta, e el pregará por ti para que vivas. Pero se non lla volves, ten por certo que morrerás, ti e todos os teus".
O copeiro e o panadeiro do rei de Exipto que estaban presos no cárcere, levaban xa tempo detidos, cando unha noite cada un deles tivo seu soño, cada soño co seu sentido.
Respondéronlle eles: —"Tivemos un soño, e non hai quen nolo interprete". Díxolles Xosé: —"Non lle corresponde a Deus a interpretación? Contádeme o soño".
Tal era a súa resolución, cando o anxo do Señor se lle apareceu en soños, dicíndolle: Xosé, fillo de David, non repares en levar contigo a María, a túa prometida; que o que nela se concibiu é obra do Espírito Santo.