Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:2 - Biblia SEPT

2 Abraham dicía que Sara a súa muller, era súa irmá, e Abimélec, rei de Guerar, mandou que lla trouxesen.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:2
17 Iomraidhean Croise  

Vírona tamén os cortesáns e gabáronlla ó faraón, de xeito que a muller foi levada ó pazo.


Polo demais tamén é certo que ela é miña irmá, filla do mesmo pai, aínda que non da mesma nai, e eu tomeina por muller.


Daquela Abimélec e Picol, xefe da súa xente, dixéronlle a Abraham: —"Deus está contigo en todo o que fas.


Houbo fame no país, como outrora en tempos de Abraham, e Isaac foi a Guerar, preto de Abimélec, rei dos filisteos.


Abimélec díxolle a Isaac: —"Marcha de onda nós, pois ti es moito máis forte".


A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.


Pero o vidente de Iehú, fillo de Hananí, saíulle ó encontro e díxolle: —"Conque axudas ós malvados e alíaste cos inimigos do Señor? O Señor indignouse contigo por iso.


Pero o marexita Eliézer, fillo de Dodavahu, profetizou contra Ioxafat, dicindo: —"Por te aliares con Ocozías, o Señor destruirá a túa obra". Efectivamente, as naves naufragaron, e non puideron ir a Tárxix.


e cando os príncipes de Babilonia lle enviaron mensaxeiros para se informaren do prodixio que sucedera no seu país, se Deus o abandonou foi para pólo á proba e coñecer as súas intencións.


pois se sete veces cae o home honrado, outras tantas se ergue, mais os perversos tropezan e non se levantan.


O respecto humano tende un lazo, mais quen afiúza no Señor ponse a salvo.


Pois tal acontece co que se achega á muller do veciño; quen a toque non quedará indemne.


Abofé, non hai na terra home tan perfecto que faga sempre o ben e nunca erre.


Por iso rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros.


Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan