16 E a Sara díxolle: —"Ves que lle dei mil moedas de prata a teu irmán. Será o veo dos teus ollos diante de todos os teus. Quedas xustificada".
Abraham intercedeu, e Deus sandou a Abimélec, á súa muller e ás súas concubinas, e puideron ter fillos outra vez,
Non me dixo el que ela era súa irmá, e ela que el era seu irmán? Con intención sincera e mans limpas fixen isto".
e preguntoulle ó criado: —"Quen é aquel que vén pola campía cara a nós?" O criado respondeulle: —"É o meu amo". Ela entón colleu o veo e cubriuse.
Abimélec advertiu a toda a súa xente: —"Se alguén lle toca a este home ou á súa muller, será reo de morte".
O que ama a instrución ama o saber, mais o que odia a corrección é estúpido.
Anel de ouro e alfaia de ouro fino é a reprensión dun sabio para o oído atento.
Mellor é reproche patente cá amizade acubillada.
Entón o capitán chegouse a xunto del e díxolle: Que che pasa a ti para durmires un sono profundo? Érguete e pídelle auxilio a berros ó teu Deus. Quizais ese Deus se preocupe de nós e non perezamos.
Que eu a quen lles quero ben, rífolles e corríxoos. Ponte de xenio e convértete!