Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:11 - Biblia SEPT

11 Abraham respondeulle: —"Pensei para min: Quizais neste país non teñen temor de Deus, e mataranme por causa da miña muller.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:11
16 Iomraidhean Croise  

Coa bondade e a verdade púrgase a culpa, e temendo ó Señor evítase o mal.


entenderás entón o temor do Señor e atoparaste co coñecemento de Deus;


Antes de min, os primeiros gobernadores esmagaban o pobo, esixíndolle pan e viño, e corenta siclos de prata. Tamén os seus servidores impoñían o seu dominio sobre o pobo, cousa que eu xamais non quixen facer polo temor de Deus.


A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: —"É miña irmá". Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: —"Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca". Porque era moi bela.


Os exipcios, en véndote, dirán: —É a súa muller. Entón a min mataranme e a ti gardarante viva.


E díxolle ó home: Fíxate: o temor do Señor é sabedoría, e arredarse do mal é intelixencia".


O terceiro día díxolles: —"Eu son un home que cre en Deus. Facede como vos digo, e salvaredes a vida.


O anxo dixo: —"Non poñas a man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negaches o teu fillo, o único que tes".


O temor de Deus non existe para eles.


(Temer a Deus é odiar o mal) Eu aborrezo o orgullo e a fachenda, a mala conduta e a boca perversa;


O temor do Señor é o comezo do saber; só os necios se burlan da Sabedoría e da Instrución.


Pero non aprenderán os malfeitores? Engolen o meu pobo coma pan, sen preguntar polo Señor.


Houbo unha vez un home na terra de Us, que se chamaba Xob. Era o tal un home íntegro e xusto, que temía a Deus e se arredaba do mal.


Que buscabas ó faceres isto?"


Polo demais tamén é certo que ela é miña irmá, filla do mesmo pai, aínda que non da mesma nai, e eu tomeina por muller.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan