Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 20:1 - Biblia SEPT

1 Abraham colleu o camiño cara ó Négueb e asentou entre Cadex e Xur. Residiu tamén por un tempo en Guerar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 20:1
23 Iomraidhean Croise  

As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa.


Despois seguiu por xornadas o camiño cara ó sur.


Abram subiu de Exipto cara ó Négueb, coa muller e coas súas posesións, e levando consigo a Lot.


Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en Hasesón-Tamar.


Sarai, muller de Abram, non podía ter fillos. Pero tiña unha serva exipcia, Hagar de nome,


Por iso chámase aquel pozo, pozo de Lahai-Roí. Está entre Cadex e Bered.


Encontrouna o anxo do Señor onda unha fonte no deserto, a que está no camiño do Sur,


O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.


Abraham residiu no país dos Filisteos moitos anos.


Isaac acababa de vir de onda o pozo de Lahai-Roí e de se asentar no Négueb.


Os seus descendentes asentaron desde Havilah ata Xur, que mira cara a Exipto, vindo de Asur. Cadraron irmáns en fronte de irmáns.


Houbo fame no país, como outrora en tempos de Abraham, e Isaac foi a Guerar, preto de Abimélec, rei dos filisteos.


Os pastores de Guerar rifaron cos de Isaac dicindo: —"A auga é nosa". Por culpa desa discusión puxéronlle ó pozo o nome de Contenda.


Abimélec chegouse onda Isaac desde Guerar, con Ahuzat o seu amigo e con Picol xefe da súa xente.


Isaac asentou en Guerar.


Unha voz: "O Señor estarrece o deserto, estarrece o Señor o deserto de Cadex".


Moisés fixo marchar ós israelitas de onda o mar Rubio, e colleron a dirección do deserto do Sur. Camiñaron tres días polo deserto, sen atoparen auga.


Chegaron xunto a Moisés e Aharón e toda a comunidade dos fillos de Israel, no deserto de Parán, en Cadex, e déronlles conta a eles e a toda a asemblea mostrándolles os froitos do país.


pero nós queixámonos ó Señor. El escoitou o noso lamento, e enviou o seu anxo, que nos sacou de Exipto. Velaquí que xa chegamos a Cadex, cidade que está nos teus últimos límites.


Logo marchamos do Horeb e, atravesando todo aquel inmenso e terrible deserto que vós vistes, polos montes dos amorreos, tal como nolo mandara o Señor, noso Deus, chegamos a Cadex Barnea.


Por me serdes infieis a min ante os fillos de Israel, nas augas de Meribah de Cadex, no deserto de Sin, por non recoñecer a miña santidade, ante os fillos de Israel,


Xaúl venceu a Amalec, desde Havilah, segundo se vai para Xur, na fronteira, ó leste de Exipto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan