Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 2:9 - Biblia SEPT

9 Fixo xermolar da terra árbores fermosas para a vista e boas para comer, e entre elas a árbore da vida e a árbore do coñecemento do ben e do mal.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 2:9
19 Iomraidhean Croise  

pero da árbore do coñecemento do ben e do mal non comerás, pois en canto comas dela de certo morrerás".


Logo o Señor pensou: —"Agora que o home veu ser coma un de nós, en canto a coñecer o ben e o mal, non vaia ser que tenda a man, colla tamén da árbore da vida, coma do froito, e viva sempre".


E despois de botalo do xardín, puxo no oriente querubíns con espadas flamexantes, para cortarlle o paso cara á árbore da vida.


Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades".


É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal".


O froito dun home recto é a árbore da vida, e o sabio atrae as persoas.


é a árbore da vida para os que a aferran, os que a reteñen son felices.


Frustro os sinais dos agoireiros e volvo loucos os adiviños, fago volver para atrás os sabios e converto a súa ciencia en tolemia.


Estabas segura coa túa ruindade, pensabas: "Non hai quen me vexa". A túa sabedoría e a túa ciencia foron a túa perdición, pois pensabas no teu corazón: "Son eu, e non hai outra".


Fixen que co estrondo da súa caída se estremecesen as nacións, cando o fixen baixar ó reino dos mortos cos que baixaban ó Abismo; consoláronse nas profundidades da terra todas as árbores do Edén, e o escollido e o mellor do Líbano, todas as árbores ben regadas de auga.


E, así, a quen te parecías en gloria e grandeza entre as árbores do Edén? Farante baixar xunto coas árbores do Edén ás profundidades da terra, e deitaraste no medio dos incircuncisos, xunto cos pasados pola espada. Tal será o Faraón e todo o seu exército —é o meu Señor, Iavé, quen fala—.


A beira do río, nunha marxe e noutra, medrará toda clase de árbores froiteiras: a súa follaxe non murchará, e a súa froita non acabará, senón que cada mes dará unha nova colleita, pois as augas do río son as que saen do santuario; por isto a súa froita servirá para comer, e as súas follas servirán para remedios.


Eu son o pan da vida.


No que toca ás carnes inmoladas ós ídolos, é ben sabido que todos temos coñecemento. Pero o coñecemento incha, mentres que a caridade é construtiva.


A nosa xustiza consistirá en que coidemos de pór en obra todos estes mandamentos ante a presenza do Señor, o noso Deus, tal e como El nolo mandou.


Quen teña oídos, escoite o que o Espírito lles di ás igrexas. O vencedor heille dar a comer da árbore da vida, que está no xardín de Deus.


Benia os que teñen lavada a súa roupa, para teren dereito á árbore da vida e a entraren polas portas da cidade.


Contra do medio da rúa principal da cidade, a unha e outra beira do río, había unha árbore da vida, que dá doce colleitas por ano, unha cada mes e as follas destas árbores son boas para curar as nacións.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan