Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 2:7 - Biblia SEPT

7 e o Señor Deus formou un home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 2:7
33 Iomraidhean Croise  

E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia.


Da terra xurdía un manancial que regaba o campo,


Comerar o pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver".


E botou ó home do xardín de Edén, para que cultivase a terra da que fora tirado.


Morreu canto tiña alento de vida polo nariz, todo o que hai na terra.


que mentres teña folgos e alento de Deus no meu nariz


Fíxome o alento de Deus e deume vida o sopro do Omnipotente.


Velaí, para Deus son eu tanto coma ti, tamén eu fun formado da lama.


canto máis nos que moran en casopas de lama e que teñen no po os seus fundamentos, que se poden esmagar coma a traza!


Sabede que o Señor é Deus, que El nos fixo e que del somos, o seu pobo, o seu rabaño.


El sabe de que estamos feitos, recorda que somos lama.


O espírito do home é candea do Señor, que enxerga todos os recunchos das entrañas.


e torne o po á terra que antes era, e volva o espírito cara a Deus, que o deu.


un tempo para rachar e un tempo para coser, un tempo para calar e un tempo para falar,


Deixade de tratar entre vós co home a quen esmagan o nariz: foi el quen inventou de seu o culto dos altos.


Señor, non te enfades aínda máis, non te lembres para sempre da iniquidade. Olla, fíxate ben: todos nós somos o teu pobo.


(Rex) O perfume dos nosos narices, o unxido do Señor, está preso nos calabozos de eles, del pensabamos: "A súa sombra viviremos entre os pobos".


Así lles fala o meu Señor, Iavé, a estes ósos: —Velaí: vou traer sobre vós o alento e reviviredes.


Porei sobre vós tendóns e farei que criedes carne; cubrireivos con pel, porei en vós o alento, e reviviredes. Entón recoñeceredes que eu son o Señor.


Oráculo. Palabra do Señor acerca de Israel. Oráculo do Señor que estende os ceos e que cimenta a terra, que forma o espírito dos homes no seu interior.


Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"


—"Señor, Deus do espírito de todo ser vivo, sinala sobre a comunidade un home que a dirixa e se poña á súa cabeza,


E dito isto alentou sobre eles, e díxolles: Recibide o Espírito Santo:


nin o serven mans humanas, coma se precisase de cousa ningunha El, que a todos dá vida e alento.


Home! E quen es ti para contradicires a Deus? Poderalle dicir o barro a quen o modela: por que me fas así?


pois así está escrito: o primeiro home, Adam, fixérono un ser vivo; o último Adam, un espírito que dá vida.


O primeiro home, saído da terra, era terrestre; o segundo home veu do ceo.


Mais levamos ese tesouro en vasos de barro. E así esa forza tan extraordinaria aparece coma forza de Deus, e non nosa.


Sabemos que, se a nosa morada terrestre que vén ser coma unha cabana, se derrubase, contamos cunha edificación de Deus, unha casa eterna no ceo, non feita por mans de homes.


Porque primeiro crearon a Adam, despois a Eva.


Aínda máis, nosos pais terrestres eran os que nos castigaban e con todo respectabámolos. E logo non nos habemos de someter con moita máis razón ó Pai do espírito, para podermos vivir?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan