5 na terra non había aínda ramallada nin xermolaba herba no campo, porque o Señor Deus non fixera chover sobre a terra nin existía o home que traballase o agro.
Dá el un berro, e retumban as augas no ceo, fai subir as nubes desde o cabo da terra, fai que os lóstregos se volvan chuvia e fai saír das súas arcas o vento.
Acaso hai entre os deuses inútiles dos pagáns algún que poida dar a chuvia? Acaso é o ceo quen dá as chuvias benfeitoras? Acaso non es ti, o Señor, noso Deus? En ti poñemos a nosa esperanza, pois ti sempre nos deches todo isto.
Pásalles igual ca unha terra que se enchoupa con chuvias frecuentes e que lles dá unha boa herba ós que a traballan: recibe parte da bendición que Deus manda;