Os escultores de ídolos, todos eles, son nada: para nada serven as súas cousas preciosas. Si, eles mesmos son testemuñas, pero non o queren ver nin recoñecer, porque se avergonzarían.
Non teñas medo, que non te avergonzarás, non teñas vergonza, que non terás que ruborizarte, pois esquecerás a vergonza da túa mocidade, e do oprobio da túa viuvez non te lembrarás máis.
Ti, Señor, es a esperanza de Israel: todos os que te abandonan, hanse avergonzar; a min foime dito que todos estes se han escribir debaixo da terra, porque deixaron a fonte das augas da vida: o Señor.
Que se avergoncen, pois fixeron o que é abominable. Pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por iso caerán cos que han de caer: cando eu lles pida contas, irán á ruína —fala o Señor—.
E ti lembraraste do teu comportamento e avergonzaraste, cando ti acollas as túas irmás, a máis vella e a máis nova, pois dareichas a ti por fillas, e farei firme a túa alianza.
Si, comeredes ata fartarvos, e loaredes o Nome do Señor, o voso Deus, que actuou convosco facendo milagres, deste xeito o meu pobo non se avergonzará endexamais.
Porque quen se avergonce de min e das miñas palabras, nesta xeración idólatra e pecadora, tamén o Fillo do Home se avergonzará del, cando veña na gloria de seu Pai entre os santos anxos.
Porque quen se avergonce de min e das miñas palabras, tamén o Fillo do Home se avergonzará del, cando veña na súa gloria, na do seu Pai e mais na dos santos anxos.