23 O home exclamou: —"Agora esta é coma min, o mesmo óso, a mesma carne. Chamarase muller, porque foi tirada do home".
E Labán díxolle: —"Somos da mesma carne e do mesmo sangue". Xacob quedou con el por un mes.
Vos sodes os meus irmáns; sodes comigo óso e carne. Por que habedes de ser os derradeiros en facer que o rei volva?"
Todas as tribos de Israel foron a Hebrón, xunto a David, para dicirlle: —"Aquí nos tes. Nós somos do teu mesmo sangue.
—"Dicide, por favor, ós oídos de todos os señores de Xequem: Que vos parece mellor: que manden en vós setenta homes —todos os fillos de Ierubaal—, ou que mande en vós un só home? E lembrádevos de que eu son óso e carne vosa".