21 Entón infundiu o Señor Deus un sono profundo no home, e este adormeceu. Tiroulle unha costela e cerrou con carne o sitio.
Cando o sol estaba para se pór, apoderouse de Abram un sono profundo e invadiuno unha escura ansiedade.
Nos soños, na visión nocturna, cando cae o sopor sobre os homes ó durmiren no seu leito,
nun pesadelo, nas visións noitébregas, cando cae o sopor sobre os homes.
A preguiza leva ó sono, mais o indolente pasará fame.
Porque o home non procede da muller, senón a muller do home.
David colleu a lanza e a xerra da auga de onda a cabeceira de Xaúl e fóronse sen que ninguén os vise, nin se decatase, nin espertase. Estaban todos durmidos, coma se un sono do Señor caese riba deles.