Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 19:9 - Biblia SEPT

9 Responderon eles: —"Arreda de aí! Este que veu de fóra, pretende ser o noso xuíz. Agora tratarémoste a ti peor ca a eles". Empuxaron contra Lot, e por pouco non botaron abaixo a porta da casa.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 19:9
21 Iomraidhean Croise  

—"Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza.


Abram asentou en Canaán e Lot nas cidades da veiga do Xordán, chegando coa tenda a Sodoma.


Respondeulle el: —"Quen te puxo de xefe ou de xuíz entre nós? Ou pensas matarme, como mataches o exipcio?" Moisés colleu medo, pensando: —"A cousa xa se soubo".


O sabio é cauto e afástase do mal, o parvo chímpase tan seguro.


Atope eu unha osa que perdeu as crías, e non ó parvo na súa tolemia!


Peso de pedra, carga de area: máis cós dous pesa a carraxe do tolo.


o seu exordio xa é unha parvada e a súa peroración, un fatal desvarío,


Este é o mal que acompaña a canto acaece baixo o sol: o tocarlles a todos a mesma sorte; e xuntamente, o estar o corazón dos homes cheo de malicia, con arroutadas no maxín mentres viven e co porvir entre os mortos.


Din: "Arreda, non me toques, que te podería consagrar". Estas cousas son fume nos meus narices, lume que arde todo o tempo.


Non se che dan as chuvias do ceo, non hai a chuvia do abril. Ti tes cara de prostituta, e non queres avergonzarte.


Que se avergoncen, pois fixeron o que é abominable. Pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por iso caerán cos que han de caer: cando eu lles pida contas, irán á ruína —fala o Señor—.


Que se avergoncen, pois fixeron o abominable; pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por isto caerán cos que han caer; cando eu lles pida contas, irán á ruína —é o Señor quen o di—.


Velaquí o delito de Sodoma: soberbia, fartura de pan e tranquilidade imperturbable tiñan ela e mais as súas fillas, pero non sostiveron o poder do desgraciado e do pobre.


Non deades o sagrado ós cans nin lle botedes as vosas perlas ós porcos; non sexa que as esmaguen cos pés, e, virándose contra vós, vos esnaquicen.


Despois o filisteo chamou a David: —"Ven acó, que vou botar a túa carne ós paxaros do ceo e ás feras do monte".


Se o home lle dicía: —"Hai que queimar primeiro o lardo; despois colle o que se che antolle"; el respondíalle: —"Non, dáma agora; se non, collereina pola forza".


Pensa, logo, que podes facer, porque a desgraza do noso amo e da súa familia está xa decidida, ó ser el un parvo que non atende a razóns".


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan