Que se avergoncen, pois fixeron o que é abominable. Pero nin se avergonzan, nin saben o que é a vergonza. Por iso caerán cos que han de caer: cando eu lles pida contas, irán á ruína —fala o Señor—.
Velaquí o delito de Sodoma: soberbia, fartura de pan e tranquilidade imperturbable tiñan ela e mais as súas fillas, pero non sostiveron o poder do desgraciado e do pobre.
E Samaría non cometeu nin a metade dos teus pecados; ti multiplicaches as túas abominacións máis ca ela, de xeito que coas abominacións que ti cometiches fixeches parecer xustas as túas irmás.
Non sabedes que os inxustos non herdarán o Reino de Deus? Non vos levedes a engano: nin os indecentes, nin os idólatras, nin os adúlteros, nin os efeminados, nin os homosexuais,
O mesmo ca Sodoma e Gomorra e as cidades veciñas que, por se deixaren levar coma eles por inmoralidades e por vicios contrarios á natureza, están coma escarmento sufrindo o castigo do lume eterno.
Mentres eles aledaban os seus corazóns, velaquí que os homes da vila —homes fillos de Belial— rodeaban a casa e forcexaban na porta. E dixéronlle ó vello —o dono da casa—: —"Bota para fóra o home que entrou na túa casa, para nos aproveitar del".