os profetas profetizan con mentira, os sacerdotes asoballan ó levantaren as súas mans, e o meu pobo está contento vivindo deste xeito. Que fará cando chegue o desenlace?
Mentres eles aledaban os seus corazóns, velaquí que os homes da vila —homes fillos de Belial— rodeaban a casa e forcexaban na porta. E dixéronlle ó vello —o dono da casa—: —"Bota para fóra o home que entrou na túa casa, para nos aproveitar del".