Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 19:3 - Biblia SEPT

3 Pero Lot porfioulles tanto, que o seguiron, e entraron na súa casa. El preparoulles comida, coceu pan, e eles cearon.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 19:3
18 Iomraidhean Croise  

Díxolles Lot: —"Pídovos, meus señores, que veñades á casa do voso servidor, para pasar a noite nela. Lavaredes os pés e, de mañá, seguiredes camiño". Responderon eles: —"Non. Durmiremos na praza".


Medrou o neno, e destetárono. O día que destetaron a Isaac, Abraham deu un xantar.


Labán díxolle: —"Ven, bendito do Señor. Por que ficas aquí fóra? Téñoche preparado apousento e tamén lugar para os camelos".


Isaac preparoulles un xantar, e comeron e beberon.


Un día que pasaba Eliseo por Xunam, unha muller rica porfioulle que quedase a xantar. Desde aquela, cada vez que pasaba por alí, detíñase a comer.


Sete días seguidos comeredes pans ácimos. Desde o primeiro día botaredes o lévedo das casas, pois o que coma pan fermentado entre o primeiro día e o sétimo será excluído de Israel.


Coceron a masa que sacaran de Exipto e fixeron bolas de pan asmo, pois non lle deran tempo a levedar. Como saíran de Exipto empuxados, non puideron deterse a preparar merenda para a viaxe.


Desde logo que, se non se levanta para llos dar por se tratar dun amigo, cando menos por ser teimudo, erguerase e hallos dar.


Entón o amo mandoulle: "Vai polos camiños e corredoiras e obriga á xente a entrar; quero que se encha a miña casa,


Leví ofreceulle na súa casa un gran banquete, e había moitos recadadores e outra xente sentados á mesa con eles.


Fixéronlle alí unha cea. Marta servía, mentres que Lázaro era un dos comensais.


Fagamos, logo, a festa pero non con fermento vello nin con fermento de malicia e perversidade, senón con pan ácimo de pureza e de verdade.


É o amor de Cristo o que nos preme, cando pensamos que, ó morrer un por todos, morreron todos;


Que non vos esqueza darlles pousada ós forasteiros, xa que, grazas a isto, algúns, sen se decataren, déronlles pousada ós mesmos anxos.


E Guideón foi para dentro, e arranxou un cabrito; e cun efah de fariña fixo bolos de pan ácimo; e puxo a carne nun cesto e o prebe nunha ola, e sacoullo todo para debaixo da aciñeira, e ofreceullo.


A muller tiña na casa un becerro cebado e foi axiña matalo. Logo colleu fariña e amasouna e coceu unhas fogazas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan