Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 19:2 - Biblia SEPT

2 Díxolles Lot: —"Pídovos, meus señores, que veñades á casa do voso servidor, para pasar a noite nela. Lavaredes os pés e, de mañá, seguiredes camiño". Responderon eles: —"Non. Durmiremos na praza".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 19:2
15 Iomraidhean Croise  

Farei traer unha pouca auga, bañaredes os pés e descansaredes baixo a árbore.


Os dous anxos chegaron pola tarde a Sodoma. Estaba Lot sentado á porta da cidade e, en véndoos, ergueuse para ir ó seu encontro, e saudounos, prostrándose por terra.


Pero Lot porfioulles tanto, que o seguiron, e entraron na súa casa. El preparoulles comida, coceu pan, e eles cearon.


Labán díxolle: —"Ven, bendito do Señor. Por que ficas aquí fóra? Téñoche preparado apousento e tamén lugar para os camelos".


Logo fíxoos entrar na casa de Xosé, deulles auga para lavaren os pés, e ós asnos botoulles penso.


Despois David díxolle a Urías: —"Baixa á túa casa e dáte un baño". Urías saíu do pazo real e detrás del saíu o agasallo do rei.


O forasteiro xamais pasou a noite fóra, e ó camiñante abrinlle a miña porta.


pon o pé de raro en raro na casa do veciño, non sexa que se farte de ti e te aborreza.


—"Espinme xa da túnica, heime vestir de novo? Lavei xa os meus pés, habíaos de lixar?"


E volvéndose cara á muller, díxolle a Simón: Ti ves esta muller? Entrei na túa casa, e non me deches auga para os pés, pero ela regoumos coas súas bágoas e secoumos cos seus cabelos.


Despois, botou auga nunha almofía e comezou a lavarlles os pés ós discípulos e a secárllelos coa toalla que levaba cinguida.


Despois de se bautizar cos seus, rogábanos así: "se me tedes por unha fiel do Señor, vide parar na miña casa". E obrigounos.


Que non vos esqueza darlles pousada ós forasteiros, xa que, grazas a isto, algúns, sen se decataren, déronlles pousada ós mesmos anxos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan