Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 19:12 - Biblia SEPT

12 Os dous homes dixéronlle a Lot: —"Que xente da túa tes aquí? Cantos parentes teñas na cidade, xenros, fillos, fillas, sácaos do lugar,

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 19:12
13 Iomraidhean Croise  

E ós que estaban á entrada, desde os pequenos ós grandes, feríronos de cegueira, e non puideron dar coa porta.


pois imos aniquilalo. O clamor contra El chegou onda o Señor, e mandounos destruílo".


Lot saíu para lles dicir ós xenros, que desposaran a súas fillas: —"Dispoñédevos para abandonar este lugar, pois o Señor destrúe a cidade". Pero eles collérono a riso.


Alí fóra dixéronlle: —"Fuxe, salva a túa vida. Non olles para atrás. Non te deteñas nesta veiga. Corre á montaña, se non queres perecer".


Corre de présa e ponte a salvo nela, pois non podo facer nada ata que ti chegues alá". Por iso puxéronlle a esa vila o nome de Soar.


O Señor díxolle a Noé: —"Entra na arca con toda a túa familia, pois teño visto que ti es o home xusto desta xeración.


Dareilles a mesma mentalidade e o mesmo comportamento, de xeito que me respecten sempre. Que ben será para eles e para os fillos que os sucedan!


Sae, meu pobo, do medio dela, salvade cada un a vosa vida do incendio da ira do Señor.


Entón díxolle á comunidade: —"Afastádevos, por favor, de onda as tendas destes homes perversos, e non toquedes nada de canto lles pertence, para que non sexades arrastrados no medio dos seus pecados!"


Pero librou ó xusto Lot, atormentado polo comportamento lascivo daquela xente sen decencia,


Deste xeito o Señor sabe ben como librar da proba os homes piadosos; e, en troques, tamén sabe gardar para o día do xuízo os culpables, que xa van ser castigados,


Logo oín outra voz que viña do ceo e dicía: "Saíde dela, meu pobo, para non terdes parte nos seus pecados, e para que non vos toquen os seus castigos.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan