9 Nisto eles preguntáronlle: —"Onde está Sara, túa muller?" El respondeu: —"Aí dentro, na tenda".
E un deles engadiu: —"Volverei verte para o ano, e entón Sara a túa muller, terá un fillo". Sara oíu o que dicía, detrás da entrada da tenda.
Despois, co vitelo guisado, colleu manteiga e leite, e servíullelos. Mentres eles comían, el estaba ó seu lado baixo a árbore.
Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.
Mais El chamou polo home, preguntándolle: —"Onde estás?"
Labán entrou na tenda de Xacob, na de Lea e na das dúas servas; pero non atopou nada. Da tenda de Lea pasou á de Raquel.
O Señor preguntoulle a Caín: —"Onde está Abel, teu irmán?" Respondeu el: —"Non o sei. Ou son eu o garda de meu irmán?"
Asisadas, limpas, boas administradoras da casa, submisas ós seus propios homes, para non desprestixiar a palabra de Deus.
Movido pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.