Coa mesma e xa que pasades por onda o voso servo, traerei un anaco de pan. Repararedes con el as forzas, para logo seguirdes camiño". Responderon eles: —"Está ben. Fai como dis".
Amnón meteuse na cama, facéndose o doente. O rei foi visitalo e, coa mesma, Amnón pediulle: —"Deixa que a miña irmá Tamar veña onda min e prepare, á miña vista, un par de bicas; quero comelas da súa man".
Irmáns, a vós chamáronvos á liberdade. Pero coidadiño con servir ós baixos instintos co gallo da liberdade! Habédesme ser escravos uns dos outros mediante o amor.
E Guideón foi para dentro, e arranxou un cabrito; e cun efah de fariña fixo bolos de pan ácimo; e puxo a carne nun cesto e o prebe nunha ola, e sacoullo todo para debaixo da aciñeira, e ofreceullo.