5 Coa mesma e xa que pasades por onda o voso servo, traerei un anaco de pan. Repararedes con el as forzas, para logo seguirdes camiño". Responderon eles: —"Está ben. Fai como dis".
Mirade, teño dúas fillas, que non se xuntaron aínda con ningún home. Daréivolas, e facede con elas o que vos pareza ben. Pero non lles fagades nada a estes homes, que se acolleron á sombra do meu teito".
Xacob insistiu: —"Non, meu señor. Se merezo o teu favor, acepta o meu regalo, pois o verte foi para min coma se vise o rostro de Deus. Acollíchesme con afecto.
E dixo o anxo de Iavé a Manóah: —"Aínda que me retiveses, non comería do teu manxar; mais se queres ofrecer un holocausto a Iavé, podes facelo (pois Manóah aínda non se decatara de que era un anxo de Iavé)".
O cuarto día erguéronse de mañanciña e el preparouse para marchar, mais dixo o pai da moza ó seu xenro: —"Conforta o teu corazón cun codelo de pan e despois partiredes".
Rógoche que non te retires de aquí, ata que eu chegue onda ti e che traia o meu agasallo e cho presente diante". E dixo Deus: —"Descoida, que eu permanecerei ata o teu regreso".
E Guideón foi para dentro, e arranxou un cabrito; e cun efah de fariña fixo bolos de pan ácimo; e puxo a carne nun cesto e o prebe nunha ola, e sacoullo todo para debaixo da aciñeira, e ofreceullo.