Se para cincuenta xustos faltan cinco, aniquilarías por culpa dos cinco toda a cidade?" Respondeu o Señor: —"Non a destruirei, se atopo corenta e cinco".
dicíndolle: —"Meu Deus, avergóñome e non me atrevo a levantar a ti o rostro, porque os nosos pecados exceden a nosa cabeza e chega ata o ceo a nosa culpa.
Entón rogou Moisés ante o Señor, o seu Deus: —"Por que, Señor, se ten que acender a túa ira contra o teu pobo, que con moito poder e con man rexa sacaches de Exipto?
Eu dixen: "Ai de min! Estou perdido! Pois sendo un home de labios lixados, e que vive entre un pobo de labios lixados, vin cos meus ollos o mesmo Rei, o Señor dos Exércitos".