Lonxe de ti facer tal cousa! Matar o inocente co culpado, e que teñan os dous a mesma sorte. Lonxe de ti! O que xulga a terra enteira, non vai facer xustiza?"
Vendo David como o anxo mataba a xente do pobo, díxolle ó Señor: —"Mira que son eu o que pecou; eu teño a culpa. Pero este rabaño que culpa ten? Descarga a túa man sobre min e sobre a miña familia".
O xefe será un dos seus, e o soberano nacerá deles; eu fareino achegarse, e achegarase a min, pois quen é o que pola súa conta se achegaría a min? —é o Señor quen fala—.
Eles, entón, caeron co rostro por terra e exclamaron: —"Deus, o noso Deus, fonte do espírito de todos os viventes!, acaso, se un home só peca, acenderase a túa ira contra toda a comunidade?"
manteñámonos con criterios sans na súa presenza con plenitude de fe. Xa que estamos limpos por dentro de toda consciencia de pecado e xa que estamos lavados por fóra con auga limpa,