15 A Sara estáballe entrando medo, e negou: —"Non rin". Pero el insistiu: —"Non o negues: ti riches".
Dilles que es miña irmá, para que por mor de ti me traten a min ben e grazas a ti salve a vida".
Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".
Os homes erguéronse de alí e ollaron cara a Sodoma. Abraham acompañábaos para lles dar a despedida.
O Señor preguntoulle a Caín: —"Onde está Abel, teu irmán?" Respondeu el: —"Non o sei. Ou son eu o garda de meu irmán?"
Pero el contestoulle: —"Falas coma unha tola! Se o bo o aceptamos como de Deus, non habemos recibir tamén o mal?" E a pesares de todo isto, non pecou Xob cos seus labios.
Se esquecésemos o noso Deus, ou erguésemos as mans a un deus alleo,
non o ía Deus descubrir, El, que coñece os íntimos segredos?
Falar sincero dura para sempre; fala embusteira, tan só un intre.
Quen esconde as súas faltas, non prosperará; quen as confesa e corrixe, encontrará piedade.
Xesús, decatándose axiña do que estaban cavilando, díxolles: Por que razoades así nos vosos adentros?
A porteira preguntoulle a Pedro: Non es tamén ti dos discípulos dese home? El contestou: Non son.
Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.
Ora, sabemos que canto se di na Lei se refire ós que están baixo a Lei: para que toda boca quede pechada, e todo o mundo quede convicto ante Deus.
que cambiedes a vosa actitude mental,
Non mintades uns a outros, xa que vos espistes do home vello cos seus malos feitos
Se dicimos que non temos pecado, desviámonos e non temos en nós a verdade.