13 Mais o Señor díxolle a Abraham: —"Por que ri Sara, dicindo: Será certo que vou ter un fillo ós meus anos?
Sara riu ás escondidas, de pensar: —"Despois que estou acabada e o meu home vello, coñecerei aínda o pracer?"
Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".
Sara dixo daquela: —"Deus fíxome rir de contenta, e todos os que o oian, rirán coma min".
E engadiu: —"Quen lle ía dicir a Abraham que Sara criaría un fillo! E agora deullo na vellez".
Non precisaba de que ninguén lle dese informacións de ninguén, que ben coñecía el o que había no home.