10 E un deles engadiu: —"Volverei verte para o ano, e entón Sara a túa muller, terá un fillo". Sara oíu o que dicía, detrás da entrada da tenda.
Ela concibiu e deulle un fillo a Abraham na súa vellez, no tempo que Deus fixara.
Pero a miña alianza establecereina con Isaac, o fillo que che dará Sara de hoxe nun ano".
Deus respondeulle: —"Non; Sara, a túa muller, darache un fillo, e poraslle o nome de Isaac. Con el e cos seus descendentes vindeiros establezo unha alianza, alianza perpetua.
Bendicireina e dareiche un fillo dela; bendicireina e será nai de nacións, nacerán dela reis de pobos".
Vós, irmáns, sodes fillos da promesa, coma Isaac.
e o fillo da escrava naceu como nace todo o mundo, mentres que o fillo da muller libre naceu en virtude da promesa.
Mais o anxo díxolle: Acouga, Zacarías, que se escoitou a túa petición, e Isabel, a túa muller, vaiche dar un fillo, e vaslle chamar Xoán.
E engadiu: —"Dareiche tantos descendentes, que non se poderán contar".
Nisto eles preguntáronlle: —"Onde está Sara, túa muller?" El respondeu: —"Aí dentro, na tenda".
O Señor fixouse en Sara, como o tiña dito, e cumpriu con ela a súa promesa.