Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 18:1 - Biblia SEPT

1 O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 18:1
17 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Abram levantou a tenda e foise establecer na carballeira de Mambré, onda Hebrón. Alí construíu un altar ó Señor.


Chegou un fuxitivo e contoulle todo a Abram o hebreo, que habitaba na carballeira de Mambré o amorreo, parente de Excol e de Aner, aliados de Abram.


Despois disto Abram oíu en visión palabra do Señor: —"Non teñas medo, Abram. Eu son para ti un escudo. O teu pago será moi grande".


En acabando de falar, Deus foise de onda Abraham.


Os homes dirixíronse desde alí cara a Sodoma, pero Abraham quedou diante do Señor.


Abraham colleu o camiño cara ó Négueb e asentou entre Cadex e Xur. Residiu tamén por un tempo en Guerar.


O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.


Xacob chegou á casa de seu pai Isaac, en Mambré, en Quiriat-Arbá, hoxe Hebrón, onde viviran Abraham e Isaac.


E díxolle a Xosé: —"O Deus todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendiciume.


Aquela noite aparecéuselle Deus a Salomón e díxolle: —"Pídeme o que queres que che dea".


Moisés díxolle ó Señor: —"Os israelitas non me crerán nin farán caso de min. Dirán: O Señor non se che apareceu".


El respondeu: Irmáns e pais, escoitade: o Deus da gloria aparecéuselle ó noso pai Abraham, cando estaba na Mesopotamia, antes de se establecer en Harán,


Movido pola fe, emigrou á terra prometida, como se fose terra allea, habitando en tendas de campaña con Isaac e Xacob, herdeiros da mesma promesa.


Que non vos esqueza darlles pousada ós forasteiros, xa que, grazas a isto, algúns, sen se decataren, déronlles pousada ós mesmos anxos.


Aconteceu que, estando Xosué en Xericó, ergueu os ollos e veu un home ergueito diante del, coa espada desenvaiñada na súa man. Xosué achegóuselle e díxolle: —"Ti es dos nosos, ou do inimigo?"


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan