Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 17:8 - Biblia SEPT

8 Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 17:8
47 Iomraidhean Croise  

O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.


Anda, percorre a terra ó longo e ó ancho, pois voucha dar para ti".


—"Eu son un forasteiro, que reside entre vós. Dádeme aquí un sepulcro en propiedade, para enterrar nel á miña finada".


Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".


Deus darache a bendición de Abraham, a ti e ós teus descendentes, herdarás a terra onde vives, a que Deus lle prometeu a Abraham".


Xacob chegou á casa de seu pai Isaac, en Mambré, en Quiriat-Arbá, hoxe Hebrón, onde viviran Abraham e Isaac.


As posesións dos dous eran tantas, que non podían vivir xuntos. A terra onde habitaban non podía sostelos, pola grandeza dos seus fatos.


Xacob estableceuse na terra de Canaán, a onde seu pai peregrinara.


Díxome: Eu fareite fecundo, multiplicareite, trocareite nunha asemblea de pobos. Os teus descendentes dareilles esta terra en posesión duradeira.


Non é así coa miña casa, na presenza de Deus? Xa que El fixo comigo un pacto eterno, ben ordenado e gardado, non me dará El a vitoria e fará florecer as miñas arelas?


dicindo: dareiche a terra de Canaán que será porción da vosa herdade.


Mais para os que o temen, o amor do Señor dura por sempre, a súa xustiza chega ós fillos e ós netos


dicindo: —"Dareiche a terra de Canaán por sorte e por herdade".


O que pactou con Abraham e xurou a Isaac,


Cando o Señor te dea introducido na terra dos cananeos, conforme vos xurou a ti e a teus pais, e cha dea en posesión,


entón o amo levarao á presenza de Deus, porao contra a porta ou contra os linteis, furaralle a orella cunha subela, e el quedará coma servo seu para sempre.


Habitarei no medio de Israel e serei o seu Deus.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Unxiralos, como fixeras con seu pai, para o meu sacerdocio, e a unción conferiralles un sacerdocio perpetuo polas xeracións".


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Tomareivos coma meu pobo e eu serei o voso Deus. Saberedes que eu son Iavé, o voso Deus, o que vos tirou de debaixo da carga dos exipcios.


Véñovos dicindo: "Volvédevos cada un do seu mal camiño e da ruindade dos vosos feitos e vivide na terra, que desde sempre e para sempre vos deu o Señor a vós e a vosos pais.


E entón —é o Señor quen fala— eu serei Deus para todas as tribos de Israel, e eles serán o meu pobo.


para que se comporten conforme os meus preceptos, garden os meus mandamentos e os cumpran; eles serán o meu pobo e eu serei o seu Deus.


—Fillo de Adam, os habitantes desas ruínas sobre a superficie de Israel andan falando deste xeito: "Se Abraham era un só e tomou posesión desta terra, canto máis a nós, que somos moitos, nos deron esta terra en posesión!


—"Cando teñades entrado na terra de Canaán, que vos vou dar eu para posesión vosa, e cando castigue eu cunha infección de lepra algunha casa desa terra da vosa posesión,


Será para vós estatuto perpetuo, para que todos os fillos de Israel se purifiquen unha vez por ano de todos os seus pecados. E fíxose como lle mandara o Señor a Moisés".


Andarei entre vós, serei o voso Deus e vós seredes o meu pobo.


Traereinos e habitarán no medio de Xerusalén, serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus, na fidelidade e na xustiza".


Moisés díxolle a Hobab, fillo de Reuel, madianita, sogro de Moisés: —"Nós partimos para o lugar, do que nos dixo o Señor: Héivolo dar a vós. Ven connosco e habémoste de tratar ben, pois o Señor prometeu o ben a Israel".


que constituirá para el e para a súa descendencia unha alianza de sacerdocio perpetuo, en recompensa por se mostrar celoso polo seu Deus e realizar expiación polos fillos de Israel".


Díxolle o Señor a Moisés: —"Sube a este monte dos Abarim, e contempla o país que lles teño destinado ós fillos de Israel!


E non lle deu nela herdanza ningunha, nin sequera un pé de terreo, mais prometeulle que lla daría en propiedade, e despois del á súa descendencia, aínda que non tiña fillos.


xa que ti es un pobo consagrado ao Señor, o teu Deus, e o Señor escolleute para que lle foses o pobo da súa especial posesión entre todos os pobos que hai sobre a terra.


E hoxe o Señor fíxoche dicir a ti que serías o pobo da súa persoal propiedade tal como cho prometera e que gardarías os seus mandamentos,


Pero non vou concluír convosco sós esta alianza e este pacto xurado.


—"Sube á montaña esa de Abarim, ao monte Nebó, que está no país de Moab, fronte a Xericó, e olla para a terra de Canaán, porque llela vou dar en propiedade ós fillos de Israel.


Cando o Altísimo lles repartía a herdanza ós pobos, e cando separaba ós fillos de Adam: estableceu as fronteiras das nacións, segundo o número dos fillos de Israel.


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


e seguiches vivo diante del. Amou a teus pais e escolleu a súa descendencia despois deles, e por isto fíxote saír de Exipto na súa presenza coa súa gran forza,


Non é pola túa xustiza nin pola rectitude das túas intencións polo que ti vas entrar a tomar posesión do seu país. Certo que é pola iniquidade destes pobos, polo que o Señor, o teu Deus, os vai despoxar do país que está na túa presenza, para así manter a promesa que o Señor lles fixo con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob.


Por iso é mediador dunha nova alianza, xa que morreu para redimir dos pecados cometidos baixo a primeira alianza, a fin de que os que están chamados á herdanza eterna, poidan recibir o cumprimento desta promesa.


—"O meu servo Moisés morreu; así que agora, érguete, e pasa o Xordán con todo este pobo, cara ó país que eu lles dou a eles, ós fillos de Israel.


O vencedor será herdeiro de todo isto. Eu serei para el o seu Deus e el será para min o meu fillo.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan