2 Eu establezo entre nós os dous unha alianza. Fareite crecer moito".
Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.
Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.
Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,
Logo levouno fóra e prometeulle: —"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".
bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.
O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.
—"Vou establecer a miña alianza convosco e cos vosos descendentes,
Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.
da alianza que fixo con Abraham, do xuramento feito a Isaac,
O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.
Eles son israelitas e a eles pertencen a adopción filial, a gloria de Deus e as alianzas, a lexislación, o culto e as promesas;