Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 17:10 - Biblia SEPT

10 Esta é a alianza que eu fago contigo e cos teus descendentes, e que habedes de gardar:

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 17:10
29 Iomraidhean Croise  

Circuncidade a pel do prepucio, en sinal de alianza entre nós.


Abraham colleu o seu fillo Ismael, os servos todos nacidos na súa casa e os adquiridos por diñeiro, todo varón da súa casa, e circuncidou ese mesmo día a pel dos seus prepucios, conforme Deus lle mandara.


Con eles circuncidáronse tamén todos os varóns da súa casa, o mesmo os nacidos nela coma os adquiridos por diñeiro.


Cando cumpriu oito días, Abraham circuncidou a Isaac, conforme Deus lle mandara.


Poderemos só consentir, coa condición de que vós fagades coma nós, circuncidando todos os varóns.


Pero esa xente avirase só a habitar connosco e a facer un mesmo pobo, se circuncidamos todos os varóns, como tamén eles o fan.


Se vive convosco un estranxeiro e quere celebrar a Pascua do Señor, deberá facer circuncidar a todos os varóns da súa casa, e entón poderá celebrala; será coma un do país. Pero non comerá dela ningún incircunciso.


Séfora colleu de seguido unha lasca de pedra, cortoulle o prepucio a seu fillo e acercoullo ás partes de Moisés, dicindo: —"Ti es esposo de sangue para min".


Circuncidádevos en ofrenda ó Señor sacade do voso corazón os impuros prepucios, homes de Xudá e veciños de Xerusalén, senón a miña ira saltará coma lume e queimará sen ter quen o apague, á vista da maldade dos vosos feitos.


Vexamos, logo, unha cousa. Moisés deuvos a circuncisión (que, ben mirado, non vén de Moisés, senón dos Pais) e, aínda que sexa sábado, vós circuncidades un home.


E deulle a alianza da circuncisión e así, ó lle nacer Isaac, circuncidouno ó oitavo día; e Isaac a Xacob, e Xacob, ós doce patriarcas.


Porque non é xudeu quen o aparenta externamente, nin é auténtica a circuncisión só na carne;


Pois Deus púxoo a El coma propiciatorio no que, pola fe, se expían os pecados mediante o seu sangue. Así mostra que era xusto cando deixaba sen castigo os pecados cometidos antes,


Pois afirmamos que o home é xustificado pola fe, con independencia das obras da Lei.


Porque hai un só Deus, que xustificará a ambos: ós circuncisos pola fe, e ós incircuncisos tamén pola fe.


E todo iso de xudeus e gregos; de escravos e libres, de homes e mulleres, todo iso acabou, pois sodes coma un só en Cristo Xesús.


Os que queren quedar ben vistos no externo, son xustamente os que vos queren facer circuncidar, para que non os persigan a eles pola cruz de Cristo.


Por iso debedes lembrar que vós, os que hai algún tempo erades xentís no corpo tratados de incircuncisos polos da chamada circuncisión (pura obra humana no corpo),


Circuncidade os prepucios dos vosos corazóns e non volvades endurecer a vosa cabeza,


O Señor, o teu Deus, circuncidará o teu corazón e o corazón da túa descendencia, para que ames o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón e con todo o teu ser, a fin de que vivas feliz.


Porque a circuncisión verdadeira, esa sómola nós, que, impulsados polo Espírito, damos culto a Deus e poñemos a nosa gloria en Cristo Xesús, sen confiarmos en criterios externos.


Daquela, dixo o Señor a Xosué: —"Fai coitelos de pedra, e, unha vez máis, bótate a circuncidar os fillos de Israel".


A razón pola que Xosué se puxo a circuncidar foi esta: todo o pobo que saíra de Exipto —os varóns, todos os guerreiros—, morreran no deserto, polo camiño, ó saíren de Exipto.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan