Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 17:1 - Biblia SEPT

1 Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 17:1
45 Iomraidhean Croise  

O Señor díxolle a Abram: —"Vaite da túa terra, da túa patria, do teu clan, á terra que eu che mostrarei.


O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.


Abram tiña oitenta e seis anos cando Hagar lle deu a Ismael.


O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.


Hai cousa que non poida o Señor? De hoxe nun ano, cando eu volva, Sara terá un fillo".


E el respondeume: O Señor, con quen andei sempre, mandará contigo o seu anxo. El dará boa fin á túa viaxe, e atoparás muller para o meu fillo na miña parentela, na familia de meus pais;


O Señor aparecéuselle e díxolle: —"Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei.


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas.


Que o Deus todopoderoso faga que teña dó de vós e deixe vir convosco a voso irmán e a Benxamín. Canto a min, se teño que quedar só, quedarei".


Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.


E bendiciu a familia de Xosé: —"O Deus ante quen camiñaron meus pais, Abraham e Isaac, o Deus que foi o meu pastor, desde que existo ata hoxe,


E díxolle a Xosé: —"O Deus todopoderoso aparecéuseme en Luz, na terra de Canaán, e bendiciume.


Andou o camiño con Deus. Despois de lle nacer Metuxalén viviu aínda trescentos anos, e tivo outros fillos e fillas.


Andou o camiño con Deus, e logo desapareceu, porque Deus o levou.


Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.


Dese xeito cumprirá o Señor a promesa que fixo: se os teus fillos fan o que é debido, camiñando diante de min con sinceridade de corazón e de espírito, non che faltará un descendente no trono de Israel.


Salomón respondeulle: —"Ti trataches con moita bondade ó teu servo David, meu pai; e el portouse diante de ti con lealdade, con xustiza e con rectitude de corazón. Ti conservácheslle o teu favor, concedéndolle un fillo, que hoxe senta no seu trono.


E agora, Señor, Deus de Israel, mantenlle ó teu servo David, meu pai, estoutra promesa que lle fixeches, ó dicirlle: Non che ha faltar, polo que a min respecta, un descendente, que sente no trono de Israel, con tal que os teus fillos sigan como é debido os meus camiños, e anden na miña presenza coma ti.


—"Ai, Señor, tenme en conta que sempre andei con sinceridade e integridade diante de ti, e que fixen o que é debido ós teus ollos". E rompeu a chorar, desfeito en bágoas.


Houbo unha vez un home na terra de Us, que se chamaba Xob. Era o tal un home íntegro e xusto, que temía a Deus e se arredaba do mal.


Podes ti, por caso, dexergar o profundo de Deus? Poderaste achegar ata os confíns do Omnipotente?


O noso Deus está no ceo e fai todo canto se propón.


Camiñarei á vista do Señor na terra da vida.


O segredo do Señor é para os que o temen, e instrúeos coa súa alianza.


Aparecinme a Abraham, a Isaac e a Xacob co nome de Deus todopoderoso; pero non lles dei a coñecer o meu nome Iavé.


Quen camiña a dereitas vai seguro, quen vai polas tortas é atrapado.


"Ah, Señor, lémbrate por favor, de que camiñei na túa presenza con fidelidade e con corazón enteiro, e de que fixen o que está ben ós teus ollos". E chorou Ezequías con grande pranto.


—Ai, meu Señor, meu Deus! Ti fixeches o ceo e mais a terra co teu grande poder e co teu brazo estendido, nada hai demasiado difícil para ti.


"Home, xa se che explicou, que é o bo, que é o que o Señor pide de ti: practicar a xustiza, amar a fidelidade e comportarte humildemente co teu Deus".


O Señor respondeulle a Moisés: —"Por ventura é impotente a man do Señor? Agora vas ver por ti mesmo, se se cumpre ou non a miña palabra!"


oráculo de quen oe as palabras de Deus, e coñece a ciencia do Altísimo, de quen ve as visións do Todopoderoso, que cae e se lle abren os ollos.


Mirando para eles fixamente, díxolles: Si, para os homes é imposible; pero para Deus todo é posible.


Daquela sede bos sen exclusivismos, coma o voso Pai celestial é totalmente bo.


Ambos eran xustos ante Deus, pois gardaban sen fallas os seus mandamentos e preceptos.


Paulo entón, ollando para o Sanedrín, dixo: Irmáns, ata hoxe en todo me comportei con boa conciencia diante de Deus.


Por iso, esfórzome sempre en ter unha conciencia sen lixo diante de Deus e diante dos homes.


A aquel que, con esa potencia que actúa en nós, pode facer moito máis inmensamente máis do que nós poidamos pedir ou imaxinar,


pois o Señor, o teu Deus, é Deus dos deuses, Señor dos señores, o Deus grande, poderoso e temible; é imparcial e non acepta o suborno;


Apégate completamente ao Señor, o teu Deus.


Amando o Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El. Isto é a túa vida e o alongamento dos teus días, habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob, que llela daría".


Teño forzas para todo grazas a quen me fai forte.


Por iso, xa que recibimos un reino definitivo, esteámoslle agradecidos a Deus, servíndoo como lle agrada a El con reverencia e respecto,


Por iso pode levar á plenitude da salvación para sempre ós que por El se achegan a Deus, xa que en todo momento vive para interceder por eles.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan