Entón díxolle Sarai a Abram: —"Esta inxuria recae sobre ti. Puxen a serva nos teus brazos e, embarazada, pérdeme o respecto. Que xulgue o Señor entre nós os dous".
Cando a arca do Señor entraba na cidade de David, Micol, filla de Xaúl, axexaba pola fiestra, viu como o rei David ía brincando e danzando diante do Señor e sentiu desprezo por el.
En todo isto, irmáns, púxenme de exemplo eu e puxen a Apolo por causa vosa, para que nas nosas persoas aprendades aquilo de que non hai que ir máis alá do que está escrito, e non vos fagades fanáticos dun en contra do outro.