Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 15:9 - Biblia SEPT

9 O Señor respondeu: —"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres anos, e mais unha rula e unha pomba".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 15:9
18 Iomraidhean Croise  

Abram trouxo todo, partiu os animais polo medio e puxo unha metade fronte á outra; pero as aves non as partiu.


Abram preguntou: —"Señor e dono meu, como saberei que será miña?"


Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio, no posto do seu fillo.


—"Congregade ante min os meus fieis, que cun sacrificio fixeron comigo alianza".


floriñas asomaron na campía, vén o tempo das ruadas, os arrolos da rula resoan nos nosos campos;


O meu corazón clama auxilio para Moab: os seus fuxidos chegan ata Soar, a terceira becerra. Si, soben a costa de Luhit chorando, camiño de Horonaim lanzan berros esgazantes


Se a súa oblación fose de gando miúdo, isto é, de ovella ou de cabra, para holocausto, só poderá presentar un macho sen chata.


Se a súa oblación fose de ave, para ofrecer en holocausto ó Señor, terán que ser rulas ou pombiños de pomba, como ofrenda súa.


Se a súa oblación fose holocausto de boi, deberá ser macho sen chata. Presentarao á porta da Tenda do Encontro e ofrecerao para que sexa aceptable na presenza do Señor,


Pasados os días da súa purificación polo fillo ou pola filla, presentará á porta da Tenda do Encontro, como holocausto, un año dun ano e un pombiño ou unha rula, como oblación polo pecado. Darallos ó sacerdote,


Se a muller, porén, non tivese ovellas abondo, ofrecerá dúas rulas ou dous pombiños: un como holocausto e outro como vítima expiatoria. O sacerdote expiará por ela, e quedará purificada".


dúas rulas ou dous pombiños, conforme o que dispoña: un como sacrificio expiatorio e o outro como holocausto.


Con cada unha das rulas ou dos pombiños, conforme o que dispoña,


Cando alguén queira ofrecer un sacrificio de comuñón, e o fai de gando maior, presentará diante do Señor unha res sen chata, macho ou femia.


Se a ofrenda fose de gando miúdo, como sacrificio de comuñón ó Señor, terase que ofrecer unha res sen chata, macho ou femia.


Díxolle a Aharón: —"Colle un xato para o sacrificio de expiación e un carneiro para o holocausto, ambos sen chata, e ofréceos diante do Señor.


Un boi e un carneiro para o sacrificio de comuñón, que sacrificaredes diante do Señor, a máis dunha oblación adobada con aceite. Hoxe de seguro hásevos aparecer o Señor".


e tamén para faceren unha ofrenda , conforme se di na Lei do Señor: Un par de rulas ou dous pombiños.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan