Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 15:8 - Biblia SEPT

8 Abram preguntou: —"Señor e dono meu, como saberei que será miña?"

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 15:8
15 Iomraidhean Croise  

O Señor respondeu: —"Tráeme unha becerra, unha cabra e un carneiro, todos eles de tres anos, e mais unha rula e unha pomba".


Deus darache a bendición de Abraham, a ti e ós teus descendentes, herdarás a terra onde vives, a que Deus lle prometeu a Abraham".


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


Ezequías preguntoulle a Isaías: —"Cal será o sinal de que o Señor me sandará e de que á volta de tres días poderei subir ó templo do Señor?"


Fai de min un sinal da túa bondade, para que vexan e se avergoncen aqueles que me aborrecen, pois ti, Señor, es para min axuda e consolo.


"Pide para ti un sinal de parte do Señor, o teu Deus, nas profundidades do Xeol ou arriba nas alturas".


Os homes que quebrantaron o meu pacto, que non mantiveron os compromisos que eles pactaron, a estes entregareinos ás maldicións pronunciadas na presenza do becerro que cortaron en dous, pasando por entre os anacos.


As autoridades de Xudá e ás autoridades de Xerusalén, ós eunucos e ós sacerdotes e a todos os campesiños, que pasaron entre os dous anacos do becerro,


Preguntoulle Zacarías ó anxo: E como me constará iso a min, que xa vou vello e a miña muller tamén xa pasa dos anos?


María respondeulle ó anxo: E como pode ser isto, pois eu son virxe?


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan