Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 15:5 - Biblia SEPT

5 Logo levouno fóra e prometeulle: —"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 15:5
22 Iomraidhean Croise  

Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.


Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.


E engadiu: —"Dareiche tantos descendentes, que non se poderán contar".


Eu establezo entre nós os dous unha alianza. Fareite crecer moito".


bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.


Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;


Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.


Mais ti tesme prometido: Farei que che vaia moi ben e acrecentarei os teus descendentes coma a area do mar, que non se pode contar de tanta que é".


O teu servo atópase no medio deste pobo escollido por ti, un pobo grande e numeroso, que non se pode contar nin estimar.


David non quixo contar os que estaban por debaixo dos vinte anos, porque Iavé lle dixera que multiplicaría a Israel coma as estrelas do ceo.


Multiplicaches os seus fillos como as estrelas do ceo e fixéchelos entrar no país que lles prometeras ós seus pais tomar en posesión.


Olla para o ceo e mira; fita as nubes tan altas por riba de ti!


Conta as estrelas sen número e chama a cada unha polo nome.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Ollade para o voso pai Abraham e para Sara, a que vos deu a luz. El era un só cando o chamei, pero bendicino e multipliqueino.


Pero o mesmo que non se contan as estrelas do ceo, nin se dá medido a area do mar, así hei de multiplicar a descendencia de David, o meu servo, e a dos levitas que me serven a min.


Contra toda esperanza el creu na esperanza e así chegou a ser pai de moitas nacións, como se lle dixera: así será a túa liñaxe.


o Señor, voso Deus, multiplicouvos e velaí que hoxe sodes unha multitude coma as estrelas do ceo.


Setenta persoas eran os teus devanceiros cando baixaron a Exipto, pero agora o Señor, o teu Deus, volveute tan numeroso coma as estrelas do ceo.


Deste xeito dun só e xa caduco para estas cousas naceu un mundo de fillos, coma as estrelas do ceo e coma a area incontable da beira do mar.


E collín a voso pai Abraham da outra banda do río, e leveino por toda a terra de Canaán, e multipliquei a súa semente dándolle a Isaac.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan