Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"
dareilles no meu templo e dentro dos meus muros ración de comida e renome, mellor do que fillos e fillas. Dareilles un nome eterno que non desaparecerá.
Sobre Damasco: —Están cubertos de vergonza Hamat e Arpad, pois oíron unha mala noticia, asustounos o Monstro mariño, a angustia que non se pode calmar.
E non lle deu nela herdanza ningunha, nin sequera un pé de terreo, mais prometeulle que lla daría en propiedade, e despois del á súa descendencia, aínda que non tiña fillos.
Daquela fixo este voto: —"Señor dos exércitos, se te fixas no acoramento da túa serva e lle dás un filliño, eu cedereillo ó Señor por todos os días da súa vida, e a navalla non tocará na súa cabeza".