Oíu Deus os berros do neno, e o anxo chamou desde o ceo a Hagar para dicirlle: —"Que che pasa, Hagar? Non teñas medo, pois Deus escoitou os berros do neno alí onde está.
Aquela mesma noite aparecéuselle o Señor e díxolle: —"Eu son o Deus de teu pai Abraham. Non teñas medo, pois eu estou contigo. Bendicireite e aumentarei a túa descendencia, por mor do meu servo Abraham".
E dixo David ó seu fillo Salomón: —"Se forte e ten valor! Mans á obra! Non teñas medo, nin esmorezas, porque Iavé Deus, o meu Deus, está ó teu carón. Non te deixará só, nin te abandonará, ata que remates toda a obra para o servizo da casa de Iavé.
Moisés respondeulles: —"Non teñades medo. Mantédevos enteiros e veredes a salvación que vos concederá hoxe o Señor. Os exipcios que hoxe vedes, non os veredes nunca máis.
Dicídelles ós de corazón tímido: "Collede ánimo, non temades. Velaí o voso Deus. Chega a vinganza, a recompensa de Deus. Chega El mesmo, e salvaravos".
Pois agora, así fala o Señor, o teu creador, Xacob, o que te formou, Israel: "Non teñas medo, que eu son o teu redentor; impóñoche o meu nome: ti es meu.
Non teñades medo nin pavor. Acaso non volo fixen oír e volo manifestei desde entón? Vós sodes as miñas testemuñas: hai acaso un Deus fóra de min? Non, non hai Penedo: eu non o coñezo".
Desde os trinta anos, no día quinto do mes cuarto, cando eu me atopaba entre os deportados onda o río Quebar, véuseme abrindo o ceo e veño tendo visións de Deus.
Logo o Espírito arrebatoume e, en éxtase baixo o efecto do Espírito do Señor, levoume a Caldea onda os desterrados, e a visión que eu vira subiu por enriba de min.
Díxolle o Señor a Aharón: —"Non posuirás herdanza ningunha na súa terra nin terás parte ningunha no medio deles: eu son a túa parte e a túa herdanza no medio dos israelitas.
Eles responderon: O capitán Cornelio, home cabal e adepto ó xudaísmo, moi estimado por toda a nación xudía, recibiu aviso dun santo anxo para que te mandase chamar á súa casa e que te escoitase.
Sede valentes! Sede fortes! Non teñades medo nin tremades ante a súa presenza que o Señor, o teu Deus, é quen irá contigo: non te deixará só nin te abandonará".
Antes en Israel, cando alguén ía consultar algo con Deus, tiña o costume de dicir: —"Vaiamos onda o vidente", porque ó profeta de agora chamábaselle antes vidente.