Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 14:7 - Biblia SEPT

7 Logo deron volta e chegaron a Ein-Mixpat que é Cadex, e arrasaron ós amalecitas en todo o seu territorio e ós amorreos que habitaban en Hasesón-Tamar.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 14:7
19 Iomraidhean Croise  

Por iso chámase aquel pozo, pozo de Lahai-Roí. Está entre Cadex e Bered.


Abraham colleu o camiño cara ó Négueb e asentou entre Cadex e Xur. Residiu tamén por un tempo en Guerar.


Elifaz, fillo de Esaú, tivo por concubina a Timná, que lle deu a Amalec. Todos estes viñan de Adah, muller de Esaú.


Córah, Gatam e Amalec. Os ditos son os xefes, fillos de Elifaz, no país de Edom, fillos de Adah.


Informaron a este: —"Unha gran multitude procedente de Edom, no outro lado do Mar Morto, diríxese contra ti; xa se encontran en Hasón—Tamar, a actual En—Guedí".


E os pescadores estarán de pé á beira do río: desde En—Guedí ata Eneglaim haberá secadoiros para as redes; os seus peixes serán por especies tan abundantes coma os peixes do Mediterráneo.


A beira da fronteira estará Gad, cara á fronteira do Négueb cara ó sur; e a fronteira será desde Tamar, e o oasis de Meribah de Cadex, seguindo o río cara ó mar Mediterráneo.


Chegaron xunto a Moisés e Aharón e toda a comunidade dos fillos de Israel, no deserto de Parán, en Cadex, e déronlles conta a eles e a toda a asemblea mostrándolles os froitos do país.


Pois o amalecita e o cananeo están alí contra vós e pereceredes baixo a súa espada, porque vos desviastes do Señor e o Señor non estará convosco".


Os amalecitas e os cananeos, que habitaban naquel monte, baixaron e derrotáronos, facéndoos fuxir ata Hormah.


Os fillos de Israel, a comunidade enteira, chegaron ó deserto de Sin no primeiro mes, e o pobo acampou en Cadex. Alí morreu María e alí foi sepultada.


Logo viu a Amalec, e pronunciou o seu oráculo: —"É Amalec a primeira das cidades, mais o seu final parará en destrución".


Logo marchamos do Horeb e, atravesando todo aquel inmenso e terrible deserto que vós vistes, polos montes dos amorreos, tal como nolo mandara o Señor, noso Deus, chegamos a Cadex Barnea.


por isto seguistes vivindo en Cadex tanto tempo como alí levabades vivindo.


Nibxán, a Cidade do Sal e En—Guedi: seis cidades e as súas aldeas.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan