Sucederá o día aquel que volverá o meu Señor a levantar a súa man, para redimir o resto do seu pobo, os poucos que quedaron de Asiria (e de Exipto e de Patrós, de Cux e de Elam, de Xinar, de Hamat e das illas do mar).
Así déuseme a coñecer unha visión cruel. O traidor está traizoando, o saqueador está saqueando: "Sube, Elam, asedia, Media, que xa acabei con toda a súa soberbia!"
Alí está Elam e todas as súas tropas arredor da súa sepultura: todos eles caeron acoitelados con espada, e así baixaron incircuncisos ó profundo da terra, pois puxeron terror no mundo dos vivos; levaron a súa deshonra xunto cos que baixaban ó Abismo.