Cando este oíu que o seu sobriño estaba preso, mobilizou trescentos dezaoito dos seus criados adestrados, nacidos na súa casa, e perseguiu os inimigos ata Dan.
dirédeslle: Os teus servos son criadores de gando, desde rapaces ata agora; e, coma nós, fórono xa os nosos pais. Dese xeito poderedes asentar na terra de Goxén, pois os exipcios aborrecen os pastores de rabaños".
Xa que a purificación do voso interior coa aceptación da Verdade, vos levou a querervos sinceramente coma irmáns, querédevos ben uns ós outros, de corazón e con constancia.