6 A terra onde estaban non chegaba para habitaren xuntos. A moita facenda xa non llelo consentía,
A Abram foille ben por conta dela. Adquiriu rabaños, gandos, asnos, servos, servas, asnas e camelos.
Levaba consigo a Sarai, súa muller, ó seu sobriño Lot e todas as posesións e mais os criados que adquirira en Harán. Saíron na dirección do país de Canaán, e chegaron alá.
Abram era moi rico en gandos, en prata e en ouro.
Os que se queren facer ricos caen en tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas, que botan os homes a perder e á ruína.