Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 13:16 - Biblia SEPT

16 Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 13:16
38 Iomraidhean Croise  

Logo levouno fóra e prometeulle: —"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".


E engadiu: —"Dareiche tantos descendentes, que non se poderán contar".


Bendicireina e dareiche un fillo dela; bendicireina e será nai de nacións, nacerán dela reis de pobos".


Eu establezo entre nós os dous unha alianza. Fareite crecer moito".


En canto a Ismael, tamén te escoitarei. Bendicireino, dareille fecundidade e fareino crecer moito. Xerará doce príncipes e convertereino nun gran pobo.


Dareiche fecundidade, sacarei de ti nacións, de ti sairán reis.


Abraham converterase nun pobo grande e podente e nel veranse benditas todas as nacións da terra.


Tamén do fillo da escrava farei unha gran nación, por ser semente túa".


bendicireite e farei crecer os teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos.


Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;


Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.


O Deus todopoderoso bendicirate, darache fecundidade e farate crecer; veraste convertido en moitas tribos.


Líbrame do poder de meu irmán, das mans de Esaú, pois teño moito medo de que chegue e nos mate a min e ás nais, xunto cos fillos.


Mais ti tesme prometido: Farei que che vaia moi ben e acrecentarei os teus descendentes coma a area do mar, que non se pode contar de tanta que é".


Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas.


Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.


O teu servo atópase no medio deste pobo escollido por ti, un pobo grande e numeroso, que non se pode contar nin estimar.


Xudeus e israelitas eran tan numerosos coma a area do mar. Tiñan abondo que comer e que beber, e vivían contentos.


Pero o Señor compadeceuse e tivo misericordia, e volveuse en favor deles, por mor do pacto que fixera con Abraham, Isaac e Xacob, e ata hoxe non consentiu en entregalos nin en botalos da súa presenza.


Cando volveu a Xerusalén, Ioab entregou a David o número do censo do pobo. Había en todo Israel un millón cen mil homes en condicións de levar armas, e en Xudá catrocentos setenta mil bos.


David non quixo contar os que estaban por debaixo dos vinte anos, porque Iavé lle dixera que multiplicaría a Israel coma as estrelas do ceo.


Agora, pois, oh Iavé Deus, que se cumpra a promesa que fixeches a meu pai David, xa que ti me fixeches rei sobre un pobo numeroso coma o po da terra.


ollarás como medra a túa familia, será a túa proxenie coma o grelar das leiras;


os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


Pero o mesmo que non se contan as estrelas do ceo, nin se dá medido a area do mar, así hei de multiplicar a descendencia de David, o meu servo, e a dos levitas que me serven a min.


Quen puido contar a multitude de Xacob e quen enumerar a cuarta parte de Israel? Morra eu coa morte dos xustos e sexa o meu futuro semellante ó deles!".


o Señor, voso Deus, multiplicouvos e velaí que hoxe sodes unha multitude coma as estrelas do ceo.


Deste xeito dun só e xa caduco para estas cousas naceu un mundo de fillos, coma as estrelas do ceo e coma a area incontable da beira do mar.


Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.


E acontecía que, cando Israel sementaba, subían os madianitas; e os amalecitas e os orientais subían tamén contra el.


(pois subían eles co seu gando e mais as súas tendas, e caían coma nube de lagostas, xa que, tanto eles coma os seus camelos, eran innumerables; e viñan ó país para esgotalo).


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan