Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 13:13 - Biblia SEPT

13 As xentes de Sodoma eran ruíns e moi pecadoras á vista do Señor.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 13:13
27 Iomraidhean Croise  

Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: —"Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod".


Despois de catro xeracións volverán eles aquí, pois aínda non chegou ó seu cúmulo a maldade dos amorreos".


O Señor seguiu dicindo: —"O clamor contra Sodoma e Gomorra é moi grande; o seu pecado é grave.


pois imos aniquilalo. O clamor contra El chegou onda o Señor, e mandounos destruílo".


Er, o primoxénito de Xudá, era un mal home á vista do Señor, e o Señor fíxoo morrer.


Ninguén está nesta casa por enriba de min, e o meu amo non se reservou cousa ningunha, fóra de ti mesma, súa muller. Como podería eu cometer un crime semellante, e pecar contra Deus?"


Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia.


Pasou a seu fillo polo lume; deuse ós agoiros e á maxia, practicou a nigromancia e a adiviñanza; fixo o mal de moitas maneiras ós ollos do Señor, provocando o seu noxo.


Se o Señor Todopoderoso non quedase connosco, que resto tan pequeno seriamos! Seriamos coma Sodoma, asemellariámonos a Gomorra.


Nos profetas de Xerusalén estou vendo algo máis horrible: quebrantan a súa fe e seguen ós que son mentira, apoian o partido dos malvados, para que ninguén se volva da súa maldade. Considéroos a todos eles coma a Sodoma, e ós veciños de Xerusalén coma a Gomorra.


Acaso non son eu quen enche ó ceo e mais a terra? —é o Señor quen fala—.


Mais se non obrades así, pecaredes contra o Señor, e sabede que o voso pecado caerá sobre vós.


E resulta que, estando á mesa na casa, viñeron moitos recadadores e pecadores, e puxéronse tamén á mesa con Xesús e mais os seus discípulos.


Ide, pois, aprender o que significa aquilo de Misericordia quero e non sacrificios. Porque non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores.


Chamaron por segunda vez polo home que fora cego e dixéronlle: Dá gloria a Deus: nós sabemos que ese home é un pecador.


Sabemos que Deus non escoita os pecadores, pero se un é piadoso e fai a súa vontade, a ese escóitao.


E os homes, outro tanto: deixaron o uso natural da muller, arderon en cobizas duns polos outros, homes con homes, cometendo torpezas e recibindo o pagamento do seu extravío en si mesmos.


Non hai cousa que se lle esconda, todo está nu e penetrable ós seus ollos: é a ela a quen lle temos de dar contas.


maiormente os que van tras dos desexos impuros da carne e os que desprezan a autoridade do Señor. Ousados, pagados de si, destemidos, maldicen os Seres Gloriosos,


O mesmo ca Sodoma e Gomorra e as cidades veciñas que, por se deixaren levar coma eles por inmoralidades e por vicios contrarios á natureza, están coma escarmento sufrindo o castigo do lume eterno.


O Señor mandoute por este camiño, con esta orde: vai e consagra ó anatema ós amalecitas, pecadores; combáteos, ata acabares con eles.


O pecado daqueles criados era grave ós ollos do Señor, porque a xente aborrecía as ofrendas do Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan