12 Abram asentou en Canaán e Lot nas cidades da veiga do Xordán, chegando coa tenda a Sodoma.
Lot escolleu para si a veiga do Xordán e dirixiuse cara ó oriente, separándose de Abram.
O marcharen, levaron tamén consigo a Lot, sobriño de Abram, que habitaba en Sodoma, e as súas posesións.
emprenderon guerra contra Bera rei de Sodoma, Birxá rei de Gomorra, Xinab rei de Ademah, Xeméber rei de Seboim e o rei de Bela que é Soar.
Os dous anxos chegaron pola tarde a Sodoma. Estaba Lot sentado á porta da cidade e, en véndoos, ergueuse para ir ó seu encontro, e saudounos, prostrándose por terra.
O Señor fixo chover sobre Sodoma e Gomorra xofre e lume desde o ceo.
Destruíu as cidades e a veiga ó arredor, cos seus moradores todos e coa súa vexetación.
O destruír as cidades da veiga, Deus pensou en Abraham, e librou a Lot do aniquilamento das cidades onde estaba.
Aborrezo a reunión dos malfeitores, e non sento cos impíos.
Non vos deixedes enganar, "malas compañías estragan bos costumes".