Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 13:10 - Biblia SEPT

10 Lot levantou os ollos e reparou na veiga do Xordán, toda ela regada. (Isto era antes de que Deus destruíra Sodoma e Gomorra). Ata chegar a Soar era o mesmo ca un xardín do Señor, coma a terra de Exipto.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 13:10
26 Iomraidhean Croise  

Descendentes de Térah: Térah xerou a Abram, a Nahor e a Harán. Harán xerou a Lot.


Lot escolleu para si a veiga do Xordán e dirixiuse cara ó oriente, separándose de Abram.


Tes diante de ti o país enteiro; sepárate de min. Se ti colles á esquerda, eu collerei á dereita; se ti á dereita, eu á esquerda".


emprenderon guerra contra Bera rei de Sodoma, Birxá rei de Gomorra, Xinab rei de Ademah, Xeméber rei de Seboim e o rei de Bela que é Soar.


Entón saíron os reis de Sodoma, de Gomorra, de Ademah, de Seboim e de Bela que é Soar, e presentaron batalla no val de Sidim


A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.


Aí ter a terra de Exipto. Acomódaos onde mellor che pareza de todo o país; que habiten na terra de Goxén. E se pensas que entre eles hai homes dispostos, ponos á fronte da garda dos meus gandos".


En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía.


O rei fíxoos fundir en moldes de arxila, no val do Xordán, entre Succot e Sartán.


Por máis que o río veña cheo, non se turba, fica confiado aínda que o Xordán lle chegue ós fociños.


A terra vizosa en salinas, pola maldade dos moradores.


O meu corazón clama auxilio para Moab: os seus fuxidos chegan ata Soar, a terceira becerra. Si, soben a costa de Luhit chorando, camiño de Horonaim lanzan berros esgazantes


Cando o Señor console a Sión e a todas as súas ruínas, fará do deserto coma o Edén e da estepa coma o xardín do Señor, contento e ledicia haberá nel, acción de grazas e son de cántigas.


Os berros de auxilio de Hexbón chegan ata Elaleh, ata Iahás. Lanzan os seus gritos desde Soar ata Horonaim, a xovenca de tres anos; pois mesmo as fontes de Nimrim se volven unha desolación.


A túa irmá maior é Samaría e mais as súas fillas, vive á túa dereita; e a túa irmá máis nova, a que vive á túa esquerda, é Sodoma e mais as súas fillas.


Velaquí o delito de Sodoma: soberbia, fartura de pan e tranquilidade imperturbable tiñan ela e mais as súas fillas, pero non sostiveron o poder do desgraciado e do pobre.


ti vives no Edén, o xardín de Deus, toda sorte de pedras preciosas son o teu valo: cornalina, topacio, augamariña, crisólito, berilo e ónix; zafiro, rubí e esmeralda, e o ouro que hai en ti é por causa da túa fermosura, e do teu esplendor; foi preparado para ti o día que fuches creado.


No xardín dos deuses os cedros non eran máis altos ca el, nin os cipreses se podían comparar á súa ramaxe, nin os plátanos eran coma as súas ramas; ningunha árbore do xardín dos deuses se podía comparar con el na súa beleza.


Espléndido o fixen, coa abundancia da súa ramaxe, Como lle tiñan envexa todas as árbores do Edén, que está no xardín dos deuses!


Velaquí o lado do nacente: medide vós entre Haverán e Damasco, e entre Galaad e a terra de Israel, logo o Xordán será a linde ata o mar do nacente. Tal será o lado do nacente.


Diante del un lume devora, detrás del un incendio consome. Antes del o país era coma un xardín de recreo, despois del, un deserto desolado, onde nin sequera haberá refugallo.


o Négueb, a veiga do val de Xericó, a cidade das palmeiras, ata Soar.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan