Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 12:7 - Biblia SEPT

7 O Señor aparecéuselle a Abram para dicirlle: —"Os teus descendentes dareilles esta terra". Abram erixiu alí mesmo un altar ó Señor que se lle aparecera.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 12:7
55 Iomraidhean Croise  

Logo seguiu pola montaña, ó oriente de Betel, e plantou a súa tenda entre Betel ó poñente e Ai ó nacente. Alí construíu un altar ó Señor e invocouno polo nome.


A terra toda que ves, dareicha a ti e ós teus descendentes para sempre.


Anda, percorre a terra ó longo e ó ancho, pois voucha dar para ti".


Abram levantou a tenda e foise establecer na carballeira de Mambré, onda Hebrón. Alí construíu un altar ó Señor.


Era o mesmo lugar onde construíra anteriormente un altar e invocara o nome do Señor.


Aquel día fixo o Señor con Abram esta alianza: —"Os teus descendentes dareilles esta terra, desde o torrente de Exipto ata o gran río Éufrates,


Abram tiña noventa e nove anos, cando se lle apareceu o Señor para lle dicir: —"Eu son o Deus Xadai. Camiña de acordo comigo e se perfecto.


Abram prostrouse por terra, e Deus díxolle:


Dareiche a ti e a eles, en posesión perpetua, a terra onde habitas, o país de Canaán. Eu serei o teu Deus".


O Señor apareceuse na carballeira de Mambré a Abraham, estando este sentado á entrada da súa tenda, nas horas da calor.


Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña.


O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Os teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo.


Isaac construíu alí un altar e invocou o nome do Señor. Montou a súa tenda, e os seus criados abriron un pozo alí mesmo.


Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: —"Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.


Deus darache a bendición de Abraham, a ti e ós teus descendentes, herdarás a terra onde vives, a que Deus lle prometeu a Abraham".


Preguntoulle Xacob: —"Dime agora o teu nome". El dixo: —"Por que preguntas polo meu nome?" E deulle alí mesmo a bendición.


Alí construíu un altar e invocou ó Deus de Israel.


A terra que eu lle dei a Abraham e a Isaac, doucha tamén a ti e daréillela ós teus descendentes".


Construíu alí un altar, e púxolle ó lugar o nome de Betel, porque se lle apareceu Deus alí, cando fuxía de seu irmán.


Xosé díxolles a seus irmáns: —"Eu estou para morrer. Deus coidará de vós e sacaravos desta terra, para a terra que prometeu con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob".


Noé construíulle un altar ó Señor, colleu gandos puros e aves puras e ofreceunos en sacrificio no altar.


David edificoulle alí un altar ó Señor e ofreceu holocaustos e sacrificios pacíficos. O Señor compadeceuse do país e a praga afastouse de Israel.


edificou coas pedras un altar en honor do Señor e fíxolle unha gabia arredor, coma de dúas sementeiras.


da alianza que fixo con Abraham, do xuramento feito a Isaac,


dicindo: dareiche a terra de Canaán que será porción da vosa herdade.


E agora eles págannolo dispóndose a expulsarnos da propiedade que Ti nos concediches.


Non fuches Ti, Deus noso, quen desbotaches os moradores desta terra diante do teu pobo, Israel, e lla entregaches para sempre á liñaxe do teu amigo Abraham?


Entón Xosué, fillo de Iosadac, púxose en pé cos seus irmáns os sacerdotes; como tamén Zerubabel fillo de Xealtiel, cos seus irmáns, e empezaron a construír o altar do Deus de Israel para ofreceren nel holocaustos, como manda a lei de Moisés, home de Deus.


Moisés construíu un altar ó Señor, e chamoulle Señor, miña — bandeira,


Moisés puxo por escrito todas as palabras do Señor. O día seguinte Moisés ergueuse cedo, construíu un altar na aba da montaña e chantou doce estelas, polas doce tribos de Israel.


Lembra ós teus servos Abraham, Isaac e Israel, ós que con xuramento prometiches: Multiplicarei os vosos descendentes coma as estrelas do ceo, e dareilles este país de que vos teño falado, para que o herden a perpetuidade".


O Señor díxolle a Moisés: —"Anda, ti e o pobo que trouxeches de Exipto e sube de aquí cara á terra, da que eu xurei a Abraham, a Isaac e a Xacob: Daréillela ós vosos descendentes.


Aparecinme a Abraham, a Isaac e a Xacob co nome de Deus todopoderoso; pero non lles dei a coñecer o meu nome Iavé.


Eu fixen con eles un pacto: darlles o país de Canaán, terra na que viviron coma forasteiros.


Desde aqueles días xuntaranse o reino de Xudá co reino de Israel (e xuntos virán da rexión do norte ó país que eu lles dei en herdanza a seus pais).


—"A estes seralles repartido o país en concepto de herdanza, conforme o número de inscritos.


Os homes de vinte anos para arriba que subiron do Exipto non verán a terra que prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, porque non me seguiron sen dúbidas,


E non lle deu nela herdanza ningunha, nin sequera un pé de terreo, mais prometeulle que lla daría en propiedade, e despois del á súa descendencia, aínda que non tiña fillos.


isto é, non os fillos da carne son por iso fillos de Deus, senón que só os fillos da promesa son recoñecidos coma descendencia.


Ben, pois a Abraham e mais á descendencia del fixéronselle as promesas. Mais a Escritura non di ós seus descendentes, como se fosen moitos, senón ó seu descendente; coma quen di a un só, que é Cristo.


Vós, irmáns, sodes fillos da promesa, coma Isaac.


Poño diante de vós esta terra: entrade a tomar posesión da terra que o Señor lles prometeu con xuramento ós vosos pais, a Abraham, a Isaac e mais a Xacob: que llela daría a eles e á súa descendencia despois deles.


Amando o Señor, o teu Deus, facéndolle caso á súa voz e apegándote a El. Isto é a túa vida e o alongamento dos teus días, habitando na terra que o Señor lles xurou a teus pais, a Abraham, a Isaac e a Xacob, que llela daría".


Entón díxolle o Señor: —"Este é o país que lles prometín con xuramento a Abraham, Isaac e Xacob, dicíndolles: Heillo de dar á túa descendencia. Xa cho mostrei ós teus ollos, pero alí non podes cruzar".


Cando o Señor, o teu Deus, te faga entrar no país que xurara a teus pais Abraham, Isaac e Xacob, que cho daría a ti, con cidades grandes e fermosas que ti non construíches,


Non é pola túa xustiza nin pola rectitude das túas intencións polo que ti vas entrar a tomar posesión do seu país. Certo que é pola iniquidade destes pobos, polo que o Señor, o teu Deus, os vai despoxar do país que está na túa presenza, para así manter a promesa que o Señor lles fixo con xuramento a Abraham, a Isaac e a Xacob.


Coa fe morreron todos estes, sen chegaren a conseguir as promesas pero albiscáronas e saudáronas desde lonxe e confesaron que eles só eran estranxeiros e peregrinos nesta terra.


Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía.


Se rexo e valoroso, pois ti farás herdar a este pobo a terra que xurei ós seus devanceiros que lles había de dar.


En chegando á beira do Xordán na terra de Canaán os fillos de Rubén, os fillos de Gad e a media tribo de Menaxés construíron alí un altar grande, para poderen contemplalo.


Entón construíu Xosué un altar ó Señor, Deus de Israel, no monte Ebal,


E construíu alí Guideón un altar para o Señor, e chamoulle Iavé Paz, ata o día de hoxe. Está en Ofrah de Abiezer.


Despois volvía para Ramah, onde tiña a súa casa. Desde alí gobernaba a Israel e alí tíñalle edificado un altar ó Señor.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan