Xacob díxolles a Simeón e a Leví: —"Botástesme a perder, facéndome noxento para os habitantes desta terra, cananeos e perizitas. Eu teño pouca xente. Se eles se xuntan contra min e me atacan, acabarán comigo e coa miña familia".
A xente entregou a Xacob os deuses alleos que tiñan e os brincos que levaban nas orellas, e Xacob enterrounos debaixo do carballo que está onda Xequem.
Estes montes dominan a ribeira do Xordán detrás do camiño da posta do sol, o territorio do rei cananeo que manda na Arabah, fronte a Guilgal, no lado da aciñeira de Moreh.
E os ósos de Xosé, que trouxeran os fillos de Israel de Exipto, sepultáronos en Xequem, no agro que comprara Xacob ós fillos de Hamor, pai de Xequem, por cen pezas de prata, e foron herdanza dos fillos de Xosé.
E ergueuse Ierubaal —que é Guideón— e todo o pobo co que contaba e acamparon onda a fonte de Harod; e o campamento dos madianitas estaba ó norte deles (onde Guibeat—Hamoreh), na terra cha.