Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 12:5 - Biblia SEPT

5 Levaba consigo a Sarai, súa muller, ó seu sobriño Lot e todas as posesións e mais os criados que adquirira en Harán. Saíron na dirección do país de Canaán, e chegaron alá.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 12:5
13 Iomraidhean Croise  

As súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa.


Descendentes de Térah: Térah xerou a Abram, a Nahor e a Harán. Harán xerou a Lot.


Térah colleu a seu fillo Abram, ó seu neto Lot, fillo de Harán, e a súa nora Sarai, muller de seu fillo Abram, e saíu con eles de Ur dos Caldeos, para dirixirse ó país de Canaán. Chegados a Harán, establecéronse alí.


Lot ía con Abram e era tamén rico en rabaños, en gandos e en tendas.


A terra onde estaban non chegaba para habitaren xuntos. A moita facenda xa non llelo consentía,


Cando este oíu que o seu sobriño estaba preso, mobilizou trescentos dezaoito dos seus criados adestrados, nacidos na súa casa, e perseguiu os inimigos ata Dan.


O rei de Sodoma díxolle a Abram: —"Dáme os homes, e garda para ti as posesións".


Xacob saíu de Beerxeba, camiño de Harán.


Esaú colleu as súas mulleres, os seus fillos e fillas, a xente toda da súa casa, os fatos, os gandos e todos os bens que adquirira en Canaán, e foi a outro país, por mor de Xacob seu irmán.


Se o sacerdote, con todo, adquire polo seu diñeiro unha persoa, ela poderá comer con el, e todos os que nazan na súa casa, poderán comer do seu alimento.


Entón, saíu da terra dos caldeos, habitou en Harán e de alí, logo que finou seu pai, trasladouno Deus a esta terra na que vivides vós agora.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan