Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 12:4 - Biblia SEPT

4 Abram púxose ó camiño, conforme lle dixera o Señor; e con el foi Lot. Abram tiña setenta e cinco anos cando saíu de Harán.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 12:4
10 Iomraidhean Croise  

Descendentes de Térah: Térah xerou a Abram, a Nahor e a Harán. Harán xerou a Lot.


Térah colleu a seu fillo Abram, ó seu neto Lot, fillo de Harán, e a súa nora Sarai, muller de seu fillo Abram, e saíu con eles de Ur dos Caldeos, para dirixirse ó país de Canaán. Chegados a Harán, establecéronse alí.


Lot ía con Abram e era tamén rico en rabaños, en gandos e en tendas.


Abram tiña oitenta e seis anos cando Hagar lle deu a Ismael.


Os dez anos de habitaren en Canaán, Sarai, muller de Abram, colleu a súa serva exipcia Hagar e deulla como muller ó seu home Abram.


Os anos que Abraham viviu foron cento setenta e cinco.


Xacob saíu de Beerxeba, camiño de Harán.


Entón, saíu da terra dos caldeos, habitou en Harán e de alí, logo que finou seu pai, trasladouno Deus a esta terra na que vivides vós agora.


Deus chamou por Abraham, e este, movido pola fe, obedeceuno, saíndo para un lugar que había de recibir en posesión, aínda que saíu sen saber onde ía.


E deste xeito Abraham, agardando con paciencia, conseguiu a promesa.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan