Escollino para que lles mande a seus fillos, a toda a súa casa e ós seus descendentes mantérense nos camiños do Señor, obrando con rectitude e con xustiza, de xeito que o Señor lle outorgue a Abraham o que lle prometeu".
Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".
Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.
O pouco que tiñas primeiro de vir eu, converteuse en abundancia. O Señor bendiciute ó meu paso. Agora terei que facer algo pola miña familia". Preguntoulle Labán:
Desde que lle encomendou a Xosé a súa casa e toda a súa facenda, o Señor bendiciu por causa del a Potifar e acrecentou todo o que tiña, o mesmo na casa coma fóra.
E recibiu o sinal da circuncisión como marca da xustificación que recibira pola fe, estando aínda na incircuncisión. Desa maneira chegou a ser pai de todos os crentes incircuncisos, para que se lles conte coma xustificación;
Por El é por quen existides vós en Cristo Xesús, quen se fixo para nós a sabedoría e mais a xustiza, a santificación e mais a redención que veñen de Deus.
Ben, pois a Abraham e mais á descendencia del fixéronselle as promesas. Mais a Escritura non di ós seus descendentes, como se fosen moitos, senón ó seu descendente; coma quen di a un só, que é Cristo.
Alí xa non hai máis nin grego nin xudeu, circuncisión nin non circuncisión, estranxeiro nin bárbaro, escravo nin libre, senón que Cristo é todo en todos.
Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de todas as nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.