Biblia Todo Logo
Bìoball air-loidhne

- Sanasan -




Xénese 12:2 - Biblia SEPT

2 Eu farei de ti un pobo grande, bendicireite e dareiche un nome de sona, que será exemplo de bendición.

Faic an caibideil Dèan lethbhreac




Xénese 12:2
38 Iomraidhean Croise  

Multiplicarei os teus descendentes coma o po. Se alguén contase o po, poderíaos contar a eles.


Logo levouno fóra e prometeulle: —"Olla cara ó ceo e conta as estrelas, se é que podes. Así terás de descendentes".


En canto a Ismael, tamén te escoitarei. Bendicireino, dareille fecundidade e fareino crecer moito. Xerará doce príncipes e convertereino nun gran pobo.


Abraham converterase nun pobo grande e podente e nel veranse benditas todas as nacións da terra.


Escollino para que lles mande a seus fillos, a toda a súa casa e ós seus descendentes mantérense nos camiños do Señor, obrando con rectitude e con xustiza, de xeito que o Señor lle outorgue a Abraham o que lle prometeu".


O destruír as cidades da veiga, Deus pensou en Abraham, e librou a Lot do aniquilamento das cidades onde estaba.


Abraham era xa vello, entrado en anos. O Señor tíñao bendito sempre en todo.


O Señor ten bendicido tanto ó meu amo, que hoxe está rico. Deulle ovellas e vacas, prata e ouro, servos e servas, camelos e asnas.


Despois da morte de Abraham, Deus seguiu bendicindo a seu fillo Isaac. Este asentou onde estaba o pozo de Lahai-Roí.


Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para manter o xuramento que fixen a teu pai Abraham.


Farei crecer os teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo;


Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga".


Os teus descendentes serán tantos coma o po. Estenderanse cara ó occidente e cara ó oriente, cara ó norte e cara ó sur. En ti e nos teus descendentes veranse benditos os pobos todos da terra.


Deus engadiu: —"Eu son o Deus todopoderoso. Ti reprodúcete e medra. De ti sairá un pobo, ou unha chea de pobos, e reis nacerán das túas entrañas.


Díxolle Deus: —"Eu son o Deus de teu pai. Non teñas medo de ires a Exipto, pois alí convertereite nun grande pobo.


Estiven contigo en todo o que emprendiches e arredei os teus inimigos diante de ti. E dareiche un nome tan grande coma o dos grandes da terra.


e os servidores do rei foron felicitar o rei David, noso señor: "Que Deus faga ben a Salomón, por enriba de ti, e que engrandeza o seu trono sobre o teu. E o rei, prostrado no seu leito, exclamou:


Se a alguén danas, é a un home coma ti; e se fas xustiza, é a outro ser humano.


Dálles as bendicións, e van a máis e as súas facendas non minguan.


os israelitas medraron, propagáronse, creceron, fixéronse moi fortes, enchían o país.


Deixa, pois, que agora se acenda a miña ira contra eles e os consuma. Pero a ti convertereite nun gran pobo".


Ollade para o voso pai Abraham e para Sara, a que vos deu a luz. El era un só cando o chamei, pero bendicino e multipliqueino.


Entón farei deles e do que hai arredor do meu monte unha bendición, e farei baixar a chuvia no seu tempo e serán chuvias de bendición.


Dálle a Xacob probas de fidelidade, a Abraham probas de amor: así llelo xuraches ós nosos pais desde os tempos antigos.


Resultará que o mesmo que fostes maldición entre as nacións, casa de Xudá e casa de Israel, así tamén eu vos salvarei e seredes unha bendición. Non teñades medo! Que se fortalezan as vosas mans!".


Vou ferilos coa peste e exterminareinos, e despois heite facer príncipe dunha nación maior e máis poderosa do que esta é".


Pero Deus díxolle a Balaam: —"Non irás con eles nin maldicirás a ese pobo, pois é un pobo bendito!"


Eu recibín orde de bendicir, bendicín, e non o podo cambiar.


E recibiu o sinal da circuncisión como marca da xustificación que recibira pola fe, estando aínda na incircuncisión. Desa maneira chegou a ser pai de todos os crentes incircuncisos, para que se lles conte coma xustificación;


para que en Cristo Xesús vos chegase ós non xudeus a bendición de Abraham e para que, por medio da fe, recibísemos o Espírito prometido.


Recoñecédeme, logo, que os que viven da fe, eses son os fillos de Abraham.


Entón ti tomarás a palabra e dirás diante do Señor, o teu Deus: Meu pai era un arameo errante, que baixou a Exipto, onde residiu como emigrante con pouquiña xente, que o acompañaba. Alí converteuse nun pobo grande, poderoso e numeroso.


Lean sinn:

Sanasan


Sanasan